06
Abril
MATERIAL PARA REFUXIADOS UCRAÍNOS
OS VECIÑOS E VECIÑAS DE VIVEIRO DOARON 3,6 TONELADAS DE MATERIAL PARA REFUXIADOS UCRAÍNOS
Viveiro, 5 de abril de 2022. O Concello de Viveiro informa que hoxe saíu para o polígono de Pocomaco (A Coruña) todo o material doado polos veciños de Viveiro para Ucraína para a súa entrega a AGA-Ucraína (Asociación Galega de Axuda a Ucraína).
Unha vez na Coruña, AGA-Ucraína encárgase do seu traslado ata Ucraína ou do seu reparto entre os refuxiados/as que chegan a Galicia. En total, recadáronse 3.618 quilogramos de produtos, distribuídos en 18 palets.
Dende o Concello de Viveiro agradécese a colaboración dos veciños e veciñas de Viveiro, quen mostraron unha vez máis a súa solidariedade. Asemade, agradécese á empresa de transportes Paraíso por realizar o traslado do material gratuitamente.
A campaña de doazón, impulsada polo Concello de Viveiro, comezou a principios do mes de marzo, con tres puntos habilitados para a recollida de material. Esta recollida de material e o seu posterior envío foi coordinado pola concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.
Entre os produtos demandados estaban mantas e roupa de abrigo, produtos para bebés e produtos hixiene.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro