Matricula Escola infantil de Viveiro

MATRICULA ESCOLA INFANTIL DE VIVEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO MANTERÁ A GRATUIDADE NA MATRÍCULA PARA O SEGUNDO FILLO E SUCESIVOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL, UNHA MEDIDA VIXENTE DESDE O PASADO 1 DE XANEIRO

Viveiro, 14 de abril de 2021. O Concello de Viveiro non cobra desde o 1 de xaneiro a matrícula na Escola Infantil Municipal para o segundo fillo ou filla e sucesivos pertencentes á mesma unidade familiar, unha medida que continuará no próximo curso académico.

 

Esta bonificación do 100% das cantidades correspondentes á matrícula do segundo fillo ou filla e sucesivos pertencentes á mesma unidade familiar é posible grazas á modificación da Ordenanza Fiscal núm. 44, reguladora dos prezos públicos do servizo do centro de atención á primeira infancia no Concello de Viveiro, aprobada no Pleno que tivo lugar o 3 de novembro de 2020.

 

“Desde as administracións temos que dar máis pasos para fomentar a natalidade e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, axudando aos pais e nais con medidas como esta matrícula gratuíta do segundo fillo ou filla”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

 

Esta bonificación regúlase segundo o establecido na Disposición adicional novena da Lei 7/2019, de 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, sendo o seu establecemento e aplicación voluntarios no caso das escolas infantís de 0-3 anos dependentes das entidades locais.

 

O financiamento desta bonificación realizase por parte da Xunta de Galicia a través do Plan Concertado; no caso do Concello de Viveiro, que aplica un sistema de copago en contía equivalente á derivada do réxime de prezos establecidos pola Xunta de Galicia, a compensación por parte da Xunta de Galicia para a aplicación desta bonificación será pola cantidade íntegra.

 

Neste momento hai un total de 9 nenos e nenas matriculados na escola infantil municipal que cumpren o requisito para a gratuidade por esta bonificación.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar