MAVI’, A MALETA VIAXEIRA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

MAVI’, A MALETA VIAXEIRA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE DURANTE UN MES O PROXECTO ‘MAVI’, A MALETA VIAXEIRA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Viveiro, 20 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro presentou hoxe o proxecto ‘MAVI’, a Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero, unha iniciativa da Subdelegación do Goberno en Lugo que pretende achegar a diferentes colectivos a lectura sobre temas de feminismo, violencia de xénero, empoderamento e autoestima.

O acto de presentación celebrado na Sala Multiusos da Casa da Concello contou coa presenza de Isabel Rodríguez López, subdelegada do Goberno en Lugo; María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, e Lara Fernández Fernández -Noriega, concelleira de Cultura e Muller.

Desgrazadamente, aínda quedan moitos pasos que dar na loita contra a lacra da violencia de xénero e no obxectivo de vivir nunha sociedade igualitaria”, suliñou María Loureiro.

No Concello de Viveiro temos un compromiso claro neste eido, cunha concelleira de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega, e persoal especializado que traballa cada día no Centro de Servizos Sociais do Concello ou no Centro de Información á Muller”, engadiu.

Nunca debemos esquecer a responsabilidade que temos as administracións públicas para defender en voz alta e seguir apoiando a presenza das mulleres en todas as esferas da sociedade”, destacou a alcaldesa de Viveiro. “Cómpre seguir pelexando cada día, por exemplo, para eliminar os obstáculos que dificultan a incorporación da muller en condicións de igualdade ao mercado laboral e a súa promoción profesional”, insistiu Loureiro.

Viveiro é a primeira parada deste proxecto que nace para achegar os libros especialmente ás mulleres e ós agresores, ademais doutros colectivos. A Concellería da Muller de Viveiro daralle promoción e difusión o proxecto nos institutos da vila coa intención é que os textos inviten á reflexión, á sensibilización e á concienciación de temas tan determinantes como a violencia sobre a muller, a igualdade, os estereotipos e os roles que estamos a vivir.

Estamos moi ledos de que a través da Subdelegación do Goberno se poña en marcha esta actividade da ‘Maleta Viaxeira’ que nós ofreceremos aos centros educativos de Secundaria do Concello para que a teñan durante 15 días cada un. Hai que plantar semente alí onde crecen as persoas do futuro e cantas máis ferramentas lles demos para crecer en igualdade, mellor”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega.

A concelleira de Muller de Viveiro recorda, ademais, que se retoma o Club de Lectura en Feminino trala pausa do verán. Coordinado polo Centro de Información á Muller e con Estíbaliz Veiga, representante das Bibliotecas en Igualdade, como mediadora, o Clube inicia unha nova andaina convidando a todas as persoas a apuntarse na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro xa sexa a través do seu teléfono (982 57 06 06), presencialmente, ou a través do email do Concello (info@viveiro.es).

É importante que se poña de manifesto e se visibilice a figura da muller en todos os eidos e sobre todo de mulleres que escriben para que outras teñan mais liberdade. Non hai que esquecer que a liberdade de xénero ten moitos obxectivos ainda que acadar”, remata Lara Fernández Fernández-Noriega.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar