MEDALLA DE OURO DA VILA Á COFRADÍA DE PESCADORES DE CELEIRO

MEDALLA DE OURO DA VILA Á COFRADÍA DE PESCADORES DE CELEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO APROBA POR UNANIMIDADE A CONCESIÓN DA MEDALLA DE OURO DA VILA Á COFRADÍA DE PESCADORES DE CELEIRO POLO SEU CENTENARIO

Viveiro, 18 de outubro de 2023. O pleno do Concello de Viveiro aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos representados a concesión da medalla de Ouro da vila á  Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro, que cumpre cen anos neste 2023.

“Tivemos en conta a grande importancia que esta institución tivo e continúa tendo na historia de Viveiro, atendendo á súa historia e traxectoria”, asegura o concello, que destaca “o seu papel relevante na economía local e máis concretamente no sector pesqueiro, ademais da súa implicación social e cultural”. A concesión da medalla foi unha proposta do Partido Popular.

A entrega á Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro da Medalla de Ouro da Cidade de Viveiro será nun acto público.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar