Medidas preventivas Xornada Electoral

MEDIDAS PREVENTIVAS XORNADA ELECTORAL

MEDIDAS PREVENTIVAS DO CONCELLO DE VIVEIRO PARA A XORNADA ELECTORAL E CAMBIO DE UBICACIÓN DAS MESAS ELECTORAIS

No Diario Oficial de Galicia do día 30 de maio de 2020, publicouse a RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de maio de 2020, polo que se aproba o Protocolo polo que se establecen as medidas preventivas en materia de saúde pública fronte ao COVID-19 para o desenvolvemento da xornada electoral do 12 de xullo de 2020.

O obxectivo deste protocolo é garantir o normal desenvolvemento da xornada electoral ao tempo que se compatibiliza co mantemento da saúde pública, para o que se establecen unha serie de medidas preventivas.

Dende o goberno municipal quérese informar aos veciños e veciñas de Viveiro dalgunhas das medidas e recomendacións establecidas neste protocolo:

-       Recoméndase que as persoas electoras leven o voto xa preparado desde o domicilio.

-       Debe evitarse a aglomeración de persoas á entrada e á saída dos locais electorais, mantendo, en todo caso, a distancia de seguridade.

-       Haberá carteis informativos e indicacións no chan, con marcas espazadas, das distancias mínimas que se deberán manter entre as persoas presentes no local electoral. Estas distancias de seguridade deben respetarse tanto nos accesos como nas zonas de votación.

-       Terán prioridade para a entrada as persoas votantes maiores de 65 anos ou con algunha discapacidade e as persoas que estas precisan para o seu auxilio.

-       Só se permitirá o acceso da persoa votante ao colexio electoral, sen prexuízo de que poderá acudir acompañada se necesita o auxilio doutra persoa por razóns de disfuncionalidade.

-       A permanencia das persoas votantes no local electoral será a indispensable para, se é o caso, a selección da papeleta e para efectuar a votación.

-       Á entrada dos locais electorais disporase de dispensadores de xel hidroalcohólico e será obriga das persoas votantes utilizalos, previamente á entrega do documento identificativo e do sobre de votación ao/á presidente/a da mesa.

-       Nas entradas dos locais electorais disporase de luvas de plástico dun só uso, que deberán ser utilizados polas persoas con alerxia aos hidroxeles.

-       Dotaranse de máscaras cirúrxicas ou hixiénicas todas as persoas votantes no momento de acceso ao local electoral, que se deberán utilizar obrigatoriamente (agás que a persoa votante xa acuda ao local electoral provista dunha máscara cirúrxica ou hixiénica propia) ou teñan contraindicación médica para o seu uso de acordo co disposto na Orde SND/422/2020, do 19 de maio, tales como discapacidade ou dificultade respiratoria.

-       Co fin de minimizar o intercambio de obxectos, existirá un dispositivo na mesa electoral (bandexa ou similar) onde o votante poida depositar o documento de identificación sen necesidade de manipulación polos membros da mesa electoral.

-       Tanto as persoas integrantes das mesas como o resto das persoas asistentes e as persoas votantes deberán extremar as medidas de hixiene respiratoria como, ao tusir, cubrir a boca cun pano dun só uso ou contra o brazo co cóbado flexionado. Igualmente, evitarán tocar os ollos, o nariz ou a boca.

Por outra banda, lémbrase que para dar cumprimento ás medidas preventivas establecidas foi necesario cambiar de ubicación dúas mesas electorais que anteriormente estaban ubicadas no Conservatorio Profesional de Música; trátase da MESA 01 003 A e da MESA 01 003 B, que na xornada electoral do vindeiro 12 de xullo estarán instaladas na Sala Multiusos da Casa do Concello. Deste xeito, os veciños e veciñas que viven nas seguintes rúas deberán votar na sala multiusos:

 

Alfolíes (completa)

Antonio Bas (completa)

Benito Galcerán (completa)

Cervantes (completa)

Constanza de Castro (impares)

Díaz Freijo (completa)

Praza Juan Donapetry (completa)

Avda de Galicia (do 1 ao 25)

Irmáns Vilar Ponte (do 2 ao 38 e do 1 ao 27)

Luis Trelles (completa)

Lodeiro (completa)

Praza Maior (do 1 ao 5 e o 21)

Margarita Pardo de Cela (completa)

Calle do Muro (completa)

Nicolás Cora Montenegro (do 45 ao 49 e do 58 ao 84)

Pedro Farto (completa)

Avda Ramón Canosa (completa)

Rosalía de Castro (do 1 ao 11 e do 2 ao 8)

Jesus Noya (completa)

Rego das Frores (completa)

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar