15
Xullo
MELLODA DO TRAFICO RODADO E PEONIL
O CONCELLO DE VIVEIRO ACOMETE ACTUACIÓNS EN DIFERENTES VIAIS, NAS ROTONDAS E NA SINALIZACIÓN PARA MELLORAR O TRÁFICO DE VEHÍCULOS E PEÓNS
Viveiro, 15 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro acomete diferentes actuacións de mellora que se prolongarán ata setembro en viais do municipio e rotondas, ademais doutros traballos dirixidos a mellorar o tráfico de vehículos e peóns.
Dende este semana e ao longo de todo o mes de xullo, varios camións da Deputación de Lugo estarán traballando en Viveiro, a disposición do concello, para adecentar diversas zonas.
Grazas a esta colaboración do ente provincial, no día de onte realizaronse labores na Avda. Cidade de Mondoñedo, en Covas, e hoxe están a traballar na Capela, en Magazos. Ao longo dos vindeiros días, continuarán mellorando o firme de diferentes viais en beneficio dos veciños e veciñas.
Por outra banda, a Axencia Galega de Infraestruturas iniciou esta noite a reparación do firme nas rotondas de Verxeles, Ecce Homo e a Estación de Autobuses. Estes traballos, que se realizan en horario nocturno, realizaranse previsiblemente en tres xornadas.
Cando rematen estas labores, a Axencia Galega de Infraestruturas vai instalar un paso de cebra elevado na estrada LU-862, a uns 100 metros do IES María Sarmiento, dando deste xeito resposta a unha solicitude remitida por este concello para mellorar a seguridade da zona.
Finalmente, dende o goberno municipal tamén se realizaron as xestións necesarias coa Axencia Galega de Infraestruturas para que, en setembro, se pinten en Covas os aparcamentos de batería, tal e como solicitara a Asociación de Comerciantes Beiras de Viveiro xa hai varios anos, logrando que a consellería valorase esta posibilidade e comprendese a necesidade desta actuación.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro