MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO PARQUE EMPRESARIAL DE LANDROVE

MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO PARQUE EMPRESARIAL DE LANDROVE

O CONCELLO DE VIVEIRO SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO PARQUE EMPRESARIAL DE LANDROVE

Viveiro, 14 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro solicitou unha subvención para mellorar a eficiencia enerxética no alumeado público do Parque Empresarial de Landrove.

O goberno municipal adheriuse para elo á Orde do 14 de decembro de 2022 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta.

O importe solicitado é de 30.938,45 euros para a execución do proxecto, ao que hai que engadir os honorarios do proxecto e dirección de obra, por un coste de 2.722,50 euros.

O Concello de Viveiro proxecta unha obra que incluirá a substitución dos actuais puntos de alumeado do parque empresarial por luces LED de maior eficiencia, co obxectivo de adecuala á normativa de baixa tensión e ao regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de alumeado exterior.

O goberno local recorda tamén que, despois das reunións mantidas no seu momento con Xestur, insistirá e premerá á entidade para que adecente e peche as parcelas tal e como se acordou.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar