MELLORA NAS ESCALEIRAS DO CALEXÓN DE CACHOCHA

MELLORA NAS ESCALEIRAS DO CALEXÓN DE CACHOCHA

FINALIZADAS AS OBRAS DE MELLORA NAS ESCALEIRAS DO CALEXÓN DE CACHOCHA PARA MAIOR SEGURIDADE DA VECIÑANZA

Viveiro, 25 de agosto. O Concello de Viveiro vén de realizar labores de mellora no Calexón de Cachocha,  en Celeiro. Este calexón, que une a Rúa da Praia coa Rúa Atalaia, é un dos máis antigos de Celeiro e as súas escaleiras, construídas a mediados dos anos 60 –xa que nos seus inicios era unha rampa con moita pendente-, atopábanse bastante deterioradas.

 

Coa execución destas obras o goberno municipal pretende que os veciños e veciñas que transitan por este calexón poidan facelo nunhas mellores condicións, con maior comodidade e menos perigo, especialmente nos meses de inverno e outono, cando o piso está húmido debido ás choivas.

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar