Melloras estrada Provincial LU-6606

MELLORAS ESTRADA PROVINCIAL LU-6606

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DOS TRABALLOS DE MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA PROVINCIAL LU-6606

--O vial conecta a LU-862 Viveiro-Ribadeo coa parroquia de San Julián de Faro, ao seu paso pola praia de Area

Viveiro, 1 de agosto de 2020. O Concello de Viveiro informa a veciñanza dos traballos que desde hai uns días realízanse na estrada provincial LU-6606 para mellorar a seguridade viaria de vehículos e peóns.

En concreto, a brigada de obras da Deputación, a instancias do concello, realiza labores de repintado e instalación de nova sinalización no vial, que conecta a LU-862 Viveiro-Ribadeo coa parroquia de San Julián de Faro, ao seu paso pola praia de Area.

Esta actuación da resposta a unha demanda veciñal, xa que a estrada é moi transitada e necesitaba unha renovación para mellorar a seguridade do tráfico.

Ademais deste repintado, o Concello de Viveiro acomete diferentes actuacións de mellora que se prolongarán ata setembro en viais do municipio e rotondas, ademais doutros traballos dirixidos a mellorar o tráfico de vehículos e peóns.

Varios camións da Deputación de Lugo están traballando en Viveiro, a disposición do concello, para adecentar diversas zonas e facer labores de bacheo, tanto no casco urbano como nas parroquias.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar