MELLORAS NA PARROQUIA DE VIEIRO

MELLORAS NA PARROQUIA DE VIEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO INVESTIRÁ 88.130€ EN MELLORAR TRES CAMIÑOS RURAIS NA PARROQUIA DE VIEIRO

Viveiro, 15 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro realizará diversas obras en camiños rurais da parroquia de Vieiro como parte do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024. Este proxecto do anterior mandato servirá para mellorar e renovar tres viais, comezando pola pista Lavandeira-Areal e ramal da pista do río Areal.

Trátase dun proxecto do anterior mandato, agora xa en prazo de execución. Os outros viais que se renovarán serán a pista Cabeceira-Pelourao e ramal e a pista do barrio da Igrexa, todos eles na parroquia viveirense de Vieiro.

As actuacións contan cunha subvención da AGADER, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Este organismo aportará 68.406,00€ do total de 88.130,40€ que custarán os traballos. O Concello de Viveiro aporta os 19.904,40€ restantes.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar