MELLORAS NO TRÁNSITO DE PEÓNS E A ACCESIBILIDADE

MELLORAS NO TRÁNSITO DE PEÓNS E A ACCESIBILIDADE

O CONCELLO DE VIVEIRO RETIRA AS XARDINEIRAS DAS BEIRARRÚAS DA TRAVESÍA DA MARIÑA PARA MELLORAR O TRÁNSITO DE PEÓNS E A ACCESIBILIDADE

Viveiro, 28 de setembro de 2023. A tenente de alcaldesa e concelleira de Obras de Viveiro, Miriam Bermúdez, informa da retirada das xardineiras que estaban ubicadas nas beirrarúas da Travesía da Mariña.

“Na maioría das ubicacións nas que estaban eran un obstáculo, e coa súa retirada melloramos o tránsito de peóns e avanzamos en accesibilidade, pensando nas persoas con mobilidade reducida ou nos carriños dos bebés”, explica Bermúdez.

En concreto, retiráronse as xardineiras que estaban na Travesía da Mariña no tramo que vai desde o restaurante Ría ata a pescadería. Algunhas delas estaban ademais en mal estado.

“Son pequenas actuacións para mellorar a mobilidade nas nosas rúas, pensando sempre na nosa veciñanza”, engade.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar