26
Xullo
MELLORAS NOS COLECTORES DE LIXO EN GALDO
A PARROQUIA DE GALDO DE VIVEIRO CONTARÁ CON 27 NOVAS SUXEICIÓNS NOS COLECTORES DE LIXO PARA MELLORAR O SERVIZO
Viveiro, 26 de xullo de 2024. A parroquia de Galdo, no Concello de Viveiro, contará con 27 novas suxeicións para os colectores de lixo, grazas a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental.
"Escolleuse Galdo por ser a parroquia que menos suxeicións deste tipo ten", explica Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldesa e responsable da área de Medio Ambiente do Concello de Viveiro.
"Con estas novas suxeicións, contribuiremos a mellorar o servizo e a separación de fraccións no rural á hora de reciclar", engade.
Ademais, estas suxeicións mellorarán a estética das ubicacións e evitarán o desprazamento dos contedores en días de vento.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro