MELLORAS NOS PARQUES INFANTÍS

MELLORAS NOS PARQUES INFANTÍS

O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA MELLORAS NOS PARQUES INFANTÍS DE LAVANDEIRAS, EN CELEIRO, E NA PRAZA DA HABANA

Viveiro, 14 de setembro de 2023. Tenencia de Alcaldía de Viveiro realizou tarefas de renovación e mantemento en dous parques infantís, mellorando desta forma dúas zonas de lecer para os nenos e nenas.

No caso do parque das Lavandeiras, en Celeiro, “xa están rematadas as tarefas de reparación levadas a cabo nos aparatos de xogo”, explica Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable da concellería de Parques e Xardíns.

Temos o compromiso de mellorar e ter en boas condicións os espazos de ocio e lecer para as familias; os parques infantís son moi importantes para a conciliación e para fomentar o xogo compartido entre os nenos e nenas”, engade Bermúdez.

O concello realizou tamén tarefas de mantemento no parque da praza da Habana e anuncia que o columpio-cesta que falta está pedido e instalarase en canto chegue.

Estes traballos en todos os parques infantís de Viveiro realizaranse de forma periódica para mantelos en boas condicións.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar