MENSAXE TRANQUILIDADE COVID-19

MENSAXE TRANQUILIDADE COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO TRASLADA UNHA MENSAXE DE TRANQUILIDADE Á VECIÑANZA POLO REBROTE DE COVID-19, LEMBRANDO A IMPORTANCIA DE QUE CUMPRIR AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN

Viveiro, 1 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro quere trasladar á veciñanza unha mensaxe de tranquilidade ante o rebrote de Covid-19 existente na comarca da Mariña, solicitando ao mesmo tempo que se extremen todas as medidas de precaución para evitar contaxios e a propagación do virus.

 

Estanse dando positivos, pero todo parece indicar que en principio o foco non está en Viveiro. Ante cada novo caso que se detecta, actívase o protocolo para identificar e realizar o test a todas aquelas persoas coas que o afectado estivo en contacto.

 

Ante esta situación é necesario manter a calma, non baixar a garda e cumprir todas as medidas de prevención establecidas para evitar contaxios, polo que, un vez máis, dende o goberno municipal se pide a todos e todas que se manteña o distanciamento social, que se utilicen mascarillas sempre e que se realice unha coidada e frecuente hixiene de mans.

 

Ao tusir ou esbirrar, é importante cubrir a boca e o nariz co cóbado flexionado; limpar con regularidade as superficies que máis se tocan; evitar tocar os ollos, o nariz e a boca, xa que as mans facilitan a súa transmisión; empregar panos de un só uso e, finalmente, que calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles do coronavirus debe permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario coa maior brevidade posible.

 

O estricto cumprimento das medidas sanitarias de prevención e protección é fundamental para protexernos nós mesmos, pero tamén a todas as persoas coas que estamos en contacto, polo que se trata dun exercicio de responsabilidade común polo ben de todos e todas.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar