05
Xullo
MERCADO
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO ADIANTO DO MERCADO AO MÉRCORES CON MOTIVO DA FEIRA RENACENTISTA
Viveiro, 4 de xullo de 2022. O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración da Feira Renacentista esta semana, cambiaranse os horarios do habitual mercado semanal, que se celebra normalmente os xoves na Praza Maior.
Deste modo, esta semana, en lugar de celebrarse o xoves 7 de xullo, o mercado adiantarase ao mércores 6 de xullo na Praza Maior.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro