08
Abril
MERCADO
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO ADIANTO DO MERCADO AO MÉRCORES 13 DE ABRIL CON MOTIVO DA SEMANA SANTA
Viveiro, 7 de abril de 2022. O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración da Semana Santa, cambiaranse os horarios do habitual mercado semanal, que habitualmente se celebra os xoves na Praza Maior.
Deste modo, na vindeira semana, en lugar de celebrarse o xoves 14 de abril, o mercado adiantarase ao mércores 13 de abril na Praza Maior.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro