01
Agosto
MERCADO DOS XOVES
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE QUE O MERCADO DOS XOVES SE CELEBRARÁ TEMPORALMENTE NOS XARDÍNS DE NORIEGA VARELA
A modificación débese a que a Praza Maior está ocupada polas festas
Viveiro, 31 de xullo. O Concello de Viveiro anuncia que o mercado semanal dos xoves trasládase temporalmente aos xardíns de Noriega Varela, con motivo da celebración das festas patronais.
Habitualmente, o mercado ten lugar na Praza Maior de Viveiro, pero dado que neste mes se celebran as festas, trasládase aos xardíns de Noriega Varela para poder celebrarse con normalidade.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro