01
Abril
MERCADO RENACENTISTA 30 DE XUÑO, 1 E 2 DE XULLO
A novena edición do Mercado Renacentista comezará o 30 de xuño e trae consigo varias novidades
Do xoves 30 de xuño ao sábado 2 de xullo de 2016, Viveiro celebrará o IX Mercado Renacentista. O Concello de Viveiro decidiu adiantar ao xoves o inicio desta celebración para que, mantendo o mercado durante tres xornadas, non coincida co día máis importante da Rapa das Bestas, o domingo 3 de xullo; tivéronse en conta, ademais, os demais eventos previstos para o verán.
O xoves 30 de xuño, programáranse distintas actividades destinadas ao público infantil; o venres 1 de xullo terá lugar o desembarco de Carlos V e o sábado, 2 de xullo, celebraranse as tradicionais comidas e ceas polas rúas de Viveiro.