MERCADO RENACENTISTA

MERCADO RENACENTISTA

O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA UNHA NOVA EDICIÓN DO MERCADO RENACENTISTA

Viveiro, 6 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro celebra unha vez máis a súa tradicional feira renacentista. O evento comezará mañá, xoves día 6 de xullo, e rematará este domingo, 9 de xullo. 
 
Esta tradicional cita do verán viveirense, celebrada a continuación do Resurrection Fest, contará con decenas de actividades cada día. O Concello anima á veciñanza a vestir os seus traxes renacentistas para a ocasión. 
 
"Outra cita importante de verán en Viveiro, da que disfrutan milleiros de persoas", afirma a alcaldesa,  María Loureiro, que destaca "o impacto positivo na hostalería e o comercio local".
 
Entre as actividades que se celebrarán destaca a representación do gran desembarco de Carlos V, que terá lugar o venres día 7 ás 20:00 na praia de Covas.  
 
Haberá tamén numerosos postos de comida, obradoiros, e tamén un tío vivo e unha cama elástica ubicados na praza da Igrexa, entre outras moitas actividades. 
 
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro
 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar