29
Marzo
MERCADO SEMANAL
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO TRASLADO DA CELEBRACIÓN DE MERCADO SEMANAL AO MÉRCORES, XA QUE O XOVES É FESTIVO
Viveiro, 29 de marzo de 2021. O goberno municipal informa que, tal e como vén sendo habitual, a celebración do mercado semanal se traslada ao mércores 31 de marzo, tendo en conta que o xoves 1 de abril coincide coa festividade de Xoves Santo.
O mercado celebrarase con todos os protocolos Covid-19, como vén pasando desde que comezou a pandemia do coronavirus.
Saúdos, Comunicación de Concello de Viveiro