MERCAR NO COMERCIO DE VIVEIRO MELLORA A ECONOMÍA LOCAL

MERCAR NO COMERCIO DE VIVEIRO MELLORA A ECONOMÍA LOCAL

A CONCELLEIRA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA QUERE RECORDAR QUE MERCAR NO COMERCIO DE VIVEIRO MELLORA A ECONOMÍA LOCAL.

A concelleira de Promoción Económica quere recordar que mercar no comercio de Viveiro mellora a economía local.
 
Aproveitando as datas de Nadal, Iria Cotelo invita a realizar as compras dos agasallos no comercio local, lembrándolles aos axudantes e paxes do Apalpador, de Papá Noel e dos Reis Magos, que "deste xeito, ademáis de facer felices ás persoas que reciben os agasallos, contribúen ao crecemento económico do concello, mellorando a vida dos veciños e veciñas por partida dobre"
 
Lembrar tamén que inaugurouse a Trastenda de Nicomedes. Este mercado de Nadal estará aberto durante os próximos días na Sala Multiusos do Concello, onde os paxes e axudantes poderán mercar agasallos únicos e especiais, que non atoparán en grandes superficies.

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar