MESA LOCAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

MESA LOCAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A MESA LOCAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DE VIVEIRO ANALIZA A SITUACIÓN DAS VÍTIMAS ACTIVAS NO CONCELLO PARA ATENDER AS SÚAS NECESIDADES

Viveiro, 11 de xuño de 2021. A A Mesa Local de Coordinación Contra a Violencia de Xénero celebrou hoxe unha reunión, na que partiparon representantes dos diversos sectores implicados contra a violencia de xénero: membros da corporación municipal; persoal do CIM, de Servizos Sociais e da Policía Local; centros educativos; centro de saúde e xulgado, presidindo a mesa a alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, e coa participación da representante da Subdelegación do Goberno. Unidade loita contra a violencia á muller.

Seguindo a orde do día, analizouse a situación das vítimas de violencia activas no Concello de Viveiro para detectar necesidades e coordinar recursos.

Así mesmo, analizouse a coordinación entre a Policía Nacional e a Policía Local tras a incorporación desta ao Sistema Viogem de protección de vitimas de violencia.

Propúxose a actuación da mesa local a través de comisións de traballo con cada axente social para dar maior operatividade a dita mesa.

Deuse conta do informe semestral de actuación do Centro de Información ás Mulleres de Viveiro.

Finalmente, no punto de rogos e preguntas, por parte dos representantes do Xulgado, presentouse un rogo solicitando a remisión dun escrito dende o Concello de Viveiro á Consellería de Política Social sobre a pauta a seguir para atención a menores en casos de violencia doméstica.

Coa celebración desta nova Mesa Local o Concello de Viveiro continúa coa súa implicación na loita contra esta lacra.

 

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro 


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar