15
Xullo
MINUTO SILENCIO ATENTADOS NIZA
O Concello de Viveiro condena os atentados de Niza. As 12:00 horas do día 15 de Xullo, a corporación municipal, os empregados e veciños do Concello de Viveiro concentráronse diante da casa do concello para gardar un minuto de silencio con motivo dos atentados de Niza.
O Concello de Viveiro condena os atentados de Niza
As 12:00 horas do día de hoxe, a corporación municipal e os empregados do Concello de Viveiro concentráronse diante da casa do concello para gardar un minuto de silencio con motivo dos atentados de Niza no día de onte Viveiro, 15 de xullo de 2016.
A alcaldesa
María Loureiro García