21
Outubro
MONITOR DEPORTIVO-SOCORRISTA
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA CUBRIR TEMPORALMENTE PRAZAS DE MONITOR DEPORTIVO-SOCORRISTA
Viveiro, 20 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro informa da convocatoria dun proceso selectivo para a cobertura temporal das prazas de monitor/a deportivo/a-socorrista da piscina municipal.
Hoxe, 20 de outubro de 2021, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicouse o anuncio mediante o que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de concurso, de carácter aberto, para crear unhas listas de emprego para a cobertura temporal destas prazas.
As bases e anexos desta convocatoria están publicados na páxina web municipal (www.viveiro.es) e no taboleiro de anuncios dixital.
O prazo para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP, é dicir, ata o vindeiro mércores 27 de outubro de 2021.
Estas listas sácanse con carácter de urxencia tendo en conta a necesidade inminente de cobertura dunha praza vacante por incapacidade temporal.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro