MURO DO CEMITERIO MUNICIPAL

MURO DO CEMITERIO MUNICIPAL

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO COMEZO DAS OBRAS DE REPARACIÓN DE PARTE DO MURO DO CEMITERIO MUNICIPAL DE ALTAMIRA, AFECTADO POLA RIADA DO 2018

Viveiro, 15 de marzo de 2021. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas que, no día de hoxe, deron comenzo as obras de reparación de parte do muro do Cemiterio Municipal de Altamira, en concreto a esquina situada contra o apeadoiro de tren na Ponte Labrada.

Con esta intervención preténdese solventar os problemas de asentamento que apareceron nesa parte do cemiterio municipal, que se incrementaron a raíz da riada acontecida en Viveiro en novembro de 2018, que causaron graves destrozos materiais en diferentes lugares do concello, moi especialmente no barrio de Xunqueira e que tamén afectaron ao Cemiterio Municipal de Altamira.

Para a execución desta obra, de gran complexidade, debido ao mal acceso a esa zona en concreto, o Concello de Viveiro solicitou a colaboración tanto técnica como económica da Deputación de Lugo.

Foi a propia Deputación a encargada de licitar e encargar a redacción do proxecto, que actualmente se está executando, asumindo, así mesmo, todos os gastos da obra.

Dende o primeiro momento, o Concello de Viveiro solicitou a colaboración da Deputación de Lugo tendo en conta que se trataba dunha obra dificultosa na súa execución, adoptando como medida previa á execución dos novos muros o apuntalamento das zonas en mal estado. A necesidade de actuar nesta zona obrigou ao concello de Viveiro a adquirir as parcelas que limitan con este muro, co fin de non perxudicar a ningún particular con estes apuntalamentos.

Co fin de aclarar posibles dúbidas ao respecto desta actuación, quérese poñer de manifesto que o oco existente na fachada lateral esquerda do cemiterio, tapada cunha rede metálica, se realizou hai máis de 20 anos, con motivo das obras de ampliación do cemiterio municipal. Esta apertura, aínda que non resulta moi estética, fai un gran servizo para o acceso con maquinaría debido a que as súas entradas principais todas teñen escaleiras ou as portas son moi estreitas.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar