31
Xaneiro
NADAL 2021
ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2021”
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, entregaron hoxe os premios do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2021” na súa fase local. O concurso está organizado a nivel provincial pola Biblioteca Pública de Lugo, con edición locais nos distintos municipios previas á fase final provincial.
Nesta edición, Viveiro contou con participantes na categoría B, que inclúe a nenos/as de 9 a 12 anos. Os textos gañadores son os de Marta García Vale, do centro de ensino Landro; o de Daniel Míguez González, do CEIP de Covas, e o de Blanca Loureiro Valledor, do CEP Lois Tobío.
Ademais, concedéronse tres accésits recoñecendo os textos de Inés Mariño Gómez, Nereida Pereira Louzao e David Güeto Diéguez.
Os traballos premiados nesta fase local no concello de Viveiro enviaranse ao certame provincial, no que o xurado escollerá os mellores textos entre os poemas enviados polos nenos/as de toda a provincia de Lugo.
O xurado, que decidiu os textos gañadores, estivo formado por Amadora Taracido Lago, Covadonga Dopico Cachán, Ana María Fernández-Noriega Fernández e Lara Fernández Fernández-Noriega.