NAVEGA EL CAMINO

NAVEGA EL CAMINO

O CONCELLO DE VIVEIRO RECIBE AOS PARTICIPANTES DA “TRAVESÍA NAVEGA EL CAMINO” ESTE VENRES 11 DE XUÑO

--O goberno local organizou varias actividades turísticas e culturais para os navegantes

Viveiro, 9 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro anuncia que o este venres, 11 de xuño, ás 15:00, terá lugar a chegada ao municipio dos participantes da “Travesía Navega el Camino”. Os integrantes serán recibidos no porto deportivo pola alcaldesa de Viveiro, o 1º tenente de alcaldesa e concelleiro do Mar e a concelleira de Turismo.

A recepción dos participantes da 6ª edición desta travesía, que recalarán en Viveiro unha xornada, realizarase coa música do gaiteiro David Bellas, ofrecéndolles un pequeno ágape no porto e organizando un showcooking a cargo de Lucas Requejo.

Por outra banda, durante o sábado, o Concello de Viveiro organizou unha visita guiada para os participantes da travesía, que proveñen de diferentes países, co fin de que poidan coñecer os principais atractivos turísticos do municipio.

Viveiro colabora desde o seu inicio, a través da concellaría de Turismo, con North Marinas, encargados desta particular travesía. Este ano o evento, baixo o lema “La Mujer y el Mar”, estará dedicado ás mulleres relacionadas co mar e a navegación. Na travesía, participará a medallista olímpica Ángela Pumariega ao timón dunha tripulación feminina formada por profesionais do deporte, a educación, a ciencia, o coaching e a comunicación. Tamén irán embarcados xornalistas de Reino Unido, Francia, Portugal, Bélxica, Holanda e Irlanda.

A travesía Navega el Camino ten como obxectivo impulsar a navegación a vela como unha forma de facer o Camiño de Santiago. A expedición partiu de Hondarribia o 4 de xuño e chegará a Santiago de Compostela o 19 do mesmo mes, facendo esta última etapa a pé.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar