NECESIDADE “DUNHA ACCIÓN COLECTIVA PARA ABORDAR A PROBLEMÁTICA DO SUICIDIO”

NECESIDADE “DUNHA ACCIÓN COLECTIVA PARA ABORDAR A PROBLEMÁTICA DO SUICIDIO”

O CONCELLO DE VIVEIRO RECORDA A NECESIDADE “DUNHA ACCIÓN COLECTIVA PARA ABORDAR A PROBLEMÁTICA DO SUICIDIO”

Viveiro, 10 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro, a través da concellería de Benestar Social, súmase á conmemoración hoxe, 10 de setembro, do Día Mundial para a Prevención do Risco Suicida, que este ano ten como lema “Crear esperanza a través da acción”. Con motivo desta data, dende a concellería de Benestar Social transmítese unha mensaxe reflectindo a necesidade dunha acción colectiva para abordar este crecente problema de saúde pública.


 

Dende dito Departamento Municipal, preténdese recordar e reforzar a idea de que existen alternativas, así como brindar, tal como di o lema deste ano, esperanza a quen atravesan un mal momento nas súas vidas.


 

Nesta Concellería tanto a súa concelleira Victoria Baamonde Gómez como os técnicos responsables do Departamento de Servizos Sociais teñen un claro compromiso na axuda e apoio a todas as veciñas e vecinos que requiran atención psicolóxica.


 

Todos nós somos coñecedores do duro que está a ser atravesar unha pandemia global, así como a deplorable situación da atención psicolóxica no sistema público de saúde en Galicia, o que ocasiona que moitas persoas que necesitan con urxencia este tipo de asistencia pasen meses á espera ou inclusive unha vez iniciado o proceso sexan citados cunha periodicidade quincenal e en moitos casos inclusive mensual. Moitos casos limítanse a ser tratados de forma paliativa dende a atención primaria con ansiolíticos ou antidepresivos”, sinala a concelleira.


 

Como Concelleira de Benestar Social e psicóloga traballadora nun Centro de Protección de Menores na nosa localidade”, engade Baamonde, “son coñecedora de situacións moi complexas que requiren dun apoio inmediato neste senso, co fin de evitar a perpetuación da dor en moitas persoas”.


 


 

Por este motivo, a edil comprométese “a atender de forma persoal aquelas solicitudes relacionadas con esta realidade e tamén poido transmitir a sensibilidade de toda a nosa Equipa en relación a este tema. Dende o Equipo de Goberno poñeremos á disposición da veciñanza todos os recursos persoais e económicos necesarios para que poidan superar estas dificultades”. “A solución sempre estará en apoiarnos os uns aos outros nos momentos mais complexos”, finaliza a responsable de Benestar Social.


 

Por último, co fin de lembrar a importancia de este día o Concello de Viveiro iluminará a emblemática Porta de Carlos V cunha luz amarela, permanecendo iluminada con esta cor durante todo o fin de semana.

CONTACTOS DE INTERESE:

  • Departamento de Servizos Sociais do Concello de Viveiro ubicado nos Claustros de San Francisco, mediante cita previa solicitada a través do seguinte teléfono de contacto: 982550421.

  • Teléfono da Esperanza dispoñible as 24 horas, todos os días de la semana: 717 003 717.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar