Nomeamento Luz Pozo Garca

NOMEAMENTO LUZ POZO GARCA

Dª. María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, INFORMA QUE

 

O vindeiro domingo, 18 de novembro de 2018, ás 12:30 horas, no Teatro Pastor Díaz, terá lugar o acto solemne de nomeamento de Luz Pozo Garza, como Filla Adoptiva do Concello de Viveiro, segundo o acordo plenario de data 11 de outubro de 2018.

 

Neste acto, seguindo o establecido no Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Viveiro, faráselle entrega dun diploma ou placa acreditativo da distinción, no que se consignará o nome da interesada e se fará referencia ao acordo municipal da concesión.

 

Ao acto foron convidados autoridades, persoeiros do ámbito cultural e representantes de numerosas asociacións do municipio. Ademais, dende o concello quérese facer constar que se trata dun acto aberto (ata completar aforo) ao que se convida a todos os veciños e veciñas que queiran asistir e, deste xeito, participar na homenaxe e recoñecemento que Viveiro quere brindar a gran poeta Luz Pozo Garza pola súa traxectoria e especial vinculación con este municipio.

 

Viveiro, na data que conta á marxe.

 

A alcaldesa,

María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar