Nota informatica Orde SND/427/2020

NOTA INFORMATICA ORDE SND/427/2020

No BOE do día de hoxe publicouse a Orde SND/427/2020, pola que se flexibilizan certas restricións derivadas da emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19 a pequenos municipios e a entes locais de ámbito territorial inferior.

 

En virtude do establecido na mesma, o núcleo de Viveiro continúa coas mesmas restricións de franxas horarias, por non cumprir os requisitos establecidos en relación coa densidade de poboación.

 

Entre as medidas de flexibilización que se prevén nesta orde e que por densidade de poboación poden aplicarse ás parroquias de Faro, Chavín, Galdo, Landrove, Magazos, Valcarría, San Pedro e San Andrés de Boimente inclúese a posiblidade de que os establecementos de hostelería e restauración poidan abrir ao público para consumo no local, sempre que non se supere o 40% do aforo e se cumpran as demais medidas establecidas no capítulo IV da Orde SND/414/2020. Esta medida non será de aplicación a locais de discotecas e bares de ocio nocturno.

 

Prevese que ao longo desta fin de semana se publiquen as medidas e limitacións establecidas para a fase 2 do proceso de desecalada, que previsiblemente entrarán en vigor o 25 de maio e sobre as que se continuará informando á veciñanza.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar