Nota prensa

NOTA PRENSA

O CONCELLO DE VIVEIRO LEVARÁ AO PLENO DO 2 DE XUÑO OS ORZAMENTOS DE EMERXENCIA E XA TEN LISTAS AS BASES PARA O PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA

Viveiro, 23 de maio de 2020. O goberno municipal do Concello de Viveiro informa a todos os veciños e veciñas que o vindeiro 2 de xuño celebrarase o pleno ordinario, no que se incluirán os orzamentos de emerxencia para a súa aprobación.

 

Así mesmo, o concello xa ten preparadas as bases para o Plan de Reactivación Económica, unha iniciativa para paliar as consecuencias da pandemia.

 

Tal e como estaba previsto, segundo o indicado no anuncio deste plan, tanto os presupostos como as bases están preparados para finais deste mes de maio e, loxicamente, tendo en conta que o 2 de xuño corresponde a celebración dun pleno ordinario, considerouse que o máis axeitado era proceder á aprobación neste pleno do orzamento municipal, no que se inclúe a dotación económica necesaria para o Plan de Reactivación Económica. 

 

Neste pleno tamén se incluirá a suspensión das taxas de ocupación de vía pública para a instalación de terrazas.

 

Para a primeira sesión plenaria que o Concello de Viveiro vai celebrar tras a declaración do Estado de Alarma, adoptaranse todas as medidas establecidas, valorando a posibilidade de realizalo de forma presencial ou por videoconferencia, segundo as indicacións existentes nese momento.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar