NOVA APP DO COMERCIO LOCAL

NOVA APP DO COMERCIO LOCAL

A ALCALDESA DE VIVEIRO ANIMA AOS VECIÑOS A UTILIZAR A NOVA APP DO COMERCIO LOCAL, CON MÚLTIPLES FUNCIONALIDADES E VANTAXES

 Viveiro, 14 de xullo de 2023. Baixo o lema 'Únete ao Club do Comercio Local, Descobre a APP +Top e Goza de todas as súas vantaxes', a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro presentou onte a súa nova APP de fidelización de clientes, 'ViveiroCCH'.

Unha nova aposta pola modernización e a dixitalización da asociación, que da outro novo paso para adaptarse aos novos tempos”, asegura a alcaldesa, María Loureiro, que anima aos veciños “a utilizar a APP”.

Sorteos, concursos, premios, promocións exclusivas, acumulación de saldo, tarxetas regalo e moito máis nunha única aplicación do comercio local.

Desde a asociación destacan que esta nova plataforma de fidelización dispón de múltiples funcionalidades, tanto para clientes como para asociados, e que será unha ferramenta moi útil para seguir avanzando na dixitalización do comercio local.

A través desta aplicación os comerciantes poderán realizar ofertas, promocións, crear sorteos ou concursos, xerar Tarxetas Regalo para os clientes, acumular saldo coas compras realizadas, e crear campañas circulares creando sinerxias con outros negocios.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar