NOVA EDICIÓN DA RUADA DE CONTOS

NOVA EDICIÓN DA RUADA DE CONTOS

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE ESTE VERÁN UNHA NOVA EDICIÓN DA RUADA DE CONTOS

Terá lugar os días 6 e 7 de agosto ás 19:00 no atrio de Santa María, ou na biblioteca municipal en caso de choiva

Viveiro, 2 de agosto de 2024. O Concello de Viveiro organiza unha nova edición da Ruada de Contos, un evento xa consolidado no verán para a cativada viveirense.

Con esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos".

A Ruada de Contos terá lugar ao longo de dúas xornadas, sempre no atrio de Santa María, e en caso de choiva, desenvolverase na Biblioteca Municipal.

A primeira será o martes 6 de agosto ás 19:00, con 'A vendedora de fume', a cargo de Cris Collazo. A segunda xornada será o día seguinte, o mércores 7 de agosto, tamén ás 19:00. Será a quenda de 'Cacho animalada', da man de Vero Rilo.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar