13
Abril
O CONCELLO CELEBRA O DÍA DA ÁRBORE
O Concello de Viveiro coa celebración do Día da Árbore pretende mellorar as zonas degradadas medioambientalmente do municipio e concienciar á sociedade a través da colaboración dos colexios
O Concello de Viveiro, continuando co seu proxecto de mellora medioambiental e rexeneración urbana, quere unirse a conmemoración mundial do Día da Árbore realizando diversas actividades en colaboración con distintas asociacións e colectivos.
O Concello de Viveiro plantexa unha iniciativa que consiste en aproveitar a celebración do Día da Árbore para mellorar zonas degradadas medioambientalmente e ao mesmo tempo que sirva para concienciar á xente nova da importancia que ten o coidado do medio ambiente e do entorno natural.
Como posta en marcha desta iniciativa, o Concello de Viveiro, mediante a colaboración do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e dalgúns centros educativos do municipio, dispuxo para este ano dúas zonas de actuación que considera primordiais pola súa ubicación e afluencia de xente, xa que forma parte das áreas de tránsito peonil cotián, como son a estrada que une Celeiro con Viveiro e a paseo da variante.
Na presente edición da celebración do Día da Árbore estímase a plantación dunhas 20 unidades de árbores, nas zonas referidas, plantadas polos alumnos de distintos cursos de varios centros do concello, todo isto coa total colaboración para a súa execución dos distintos departamentos do Concello de Viveiro.
O Concello de Viveiro pretende utilizar a celebración do Día da Árbore, nesta e en vindeiras edicións, para a mellora do entorno e a concienciación medioambiental da pobación.