O Concello de Viveiro aprobou o primeiro plan de promoción de emprego

O CONCELLO DE VIVEIRO APROBOU O PRIMEIRO PLAN DE PROMOCIóN DE EMPREGO

Coa aprobación dos presupostos o Concello de Viveiro aprobou o primeiro plan de promoción de emprego para este municipio e que se vai pór en marcha no 2016, co que se pretende o fomento do emprego no municipio de Viveiro.

NOTA DE PRENSA:

Coa aprobación dos presupostos o Concello de Viveiro aprobou o primeiro plan de promoción de emprego para este municipio e que se vai pór en marcha no 2016, co que se pretende o fomento do emprego no municipio de Viveiro.

Para elo inclúe no seu presuposto para o exercicio 2016 unha partida orzamentaria que inicialmente será de 20.000 euros para ver a evolución do plan. O concello aportará un mínimo de 500 euros e un máximo de 1.000 euros por traballador contratado cumprindo cos requisitos legalmente establecidos, estas aportacións serán en función das características dos desempregados, tendo en conta se son de longa duración entre outras; e das características das empresas, do seu volume; concedendo as subvencións respectando a orde de entrada daquelas solicitudes que cumpran cos requisitos esixidos. Serán beneficiarios da subvención aquelas empresas do municipio que vaian a facer contratacións de traballadores durante o ano 2016.

 

O Concello de Viveiro elaborará as bases xerais para a concesión das axudas determinando nas mesmas os requisitos para poder solicitalas, procedemento de concesión, xustificación e requisitos

Dado que é o primeiro que se vai por en marcha neste concello e unha vez se vexa como vai resultando miraríase a posibilidade de amplialo.

 

Viveiro, 30 de decembro de 2015

 

A Alcaldesa,

Asdo.: María Loureiro García.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar