19
Abril
O CONCELLO DE VIVEIRO ASEGURA QUE “A SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA É BOA, CON CATRO CASOS ACTIVOS QUE NON SON RECENTES”, PERO PIDE PRUDENCIA E RESPECTO ÁS NORMAS
O CONCELLO DE VIVEIRO ASEGURA QUE “A SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA É BOA, CON CATRO CASOS ACTIVOS QUE NON SON RECENTES”, PERO PIDE PRUDENCIA E RESPECTO ÁS NORMAS
Viveiro, 19 de abril de 2021. O Concello de Viveiro, ante as novas da situación epidemiolóxica noutros concellos da Mariña, quere informar que segundo os datos facilitados polo Sergas á alcaldesa María Loureiro este fin de semana, hai no municipio un total de 4 positivos activos.
Estes catro casos de coronavirus non son recentes, xa que se trata de positivos detectados días atrás.
Atendendo a estes datos, o concello sostén que a situación epidemiolóxica no municipio é boa, pero é fundamental non baixar a garda e non confiarse para poder manter esta tendencia.
Coa chegada do bo tempo, a xente sae máis á rúa e sociabiliza máis, polo que é necesario extremar as precaucións e cumprir as medidas impostas.
O Concello de Viveiro, dentro das súas responsabilidades, continuará velando para garantir o cumprimento das medidas e limitacións establecidas polas autoridades sanitarias mediante labores de control e vixiancia e, unha vez máis, apela á prudencia e á responsabilidade para frear a cadea de contaxios.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro.