O CONCELLO DE VIVEIRO ASINA UN CONVENIO CON ASPANANE

O CONCELLO DE VIVEIRO ASINA UN CONVENIO CON ASPANANE

O CONCELLO DE VIVEIRO ASINA UN CONVENIO CON ASPANANE CUNHA ACHEGA DE 15.000 EUROS PARA AS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN

Viveiro, 4 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro asinou un convenio de colaboración con Aspanane (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro), a través do cal achega 15.000 euros para as súas actividades.

Na sinatura do convenio participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Muller e Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega; a presidenta de Aspanane, María Dolores Fernández Perez, e Sonia Corral, directora en funcións de Aspanane.

O compromiso do Concello de Viveiro coa directiva e a xerencia de Aspanane é absoluto, polo gran traballo que realizan e o seu esforzo diario”, sostén María Loureiro.

Este convenio únese a outras actuacións recentes, como a sinatura dun convenio de colaboración para a pavimentación e drenaxe dos exteriores do Centro Ocupacional de Aspanane.

Estas obras teñen un orzamento de preto de 50.000 euros, dos que a Deputación achega 44.242 euros, correspondendo o resto ao concello.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar