O CONCELLO DE VIVEIRO ASISTE Á REUNIÓN CONVOCADA POLOS VECIÑOS DE COVAS PARA FALAR DA SITUACIÓN DA PRAIA DE COVAS

O CONCELLO DE VIVEIRO ASISTE Á REUNIÓN CONVOCADA POLOS VECIÑOS DE COVAS PARA FALAR DA SITUACIÓN DA PRAIA DE COVAS

Na reunión, celebrada o 18 de marzo, a Alcaldesa e parte do equipo de goberno demostraron o seu apoio e compromiso para lograr unha solución

O pasado 18 de marzo, o Concelleiro de Obras e Medio Ambiente, o Concelleiro de Facenda, Educación, Participación Cidadá e Mar e mais esta Alcaldía asistiron á reunión informativa convocada por un grupo de veciños ante o que vén sucedendo na praia de Covas. Nesa xuntanza, amosouse o apoio e preocupación de equipo de goberno ante esta situación e explicouse cál é a opinión dos técnicos con respecto ás causas que orixinaron este problema.

O sentir xeral dos presentes era unánime e os obxectivos comúns son, dunha banda, asegurar que as vivendas non corren perigo e, da outra, parar o deterioro que vén sufrindo a que foi unha das praias de referencia do Cantábrico.

Tal e como se acordou na xuntanza, o Concello xa deu traslado ao Servizo Provincial de Costas as seguintes solicitudes: crear unha barreira de formigón baixo o paseo marítimo dende o muro ata as casas como parapeto ás embestidas do mar e, nunha segunda fase, transvasar area dende o Cembedo ata os Castelos.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar