12
Xaneiro
O CONCELLO DE VIVEIRO DESTACA OS BENEFICIOS DO SISTEMA ‘QUITA E PON’
O CONCELLO DE VIVEIRO DESTACA OS BENEFICIOS DO SISTEMA ‘QUITA E PON’ DOS COLECTORES DE RECOLLIDA DE LIXO “PARA COIDAR O NOSO CASCO HISTÓRICO”
Viveiro, 11 de xaneiro de 2024. O Concello de Viveiro destaca os beneficios do sistema ‘Quita e Pon’ de recollida de lixo no casco histórico da vila, posto en marcha o pasado 18 de decembro.
“Coa posta en marcha deste servizo eliminamos os colectores na vía pública no ámbito do casco histórico, que provocan frecuentes problemas de suciedade e cheiros, substituíndoos por un servizo de retirada e colocación diaria de colectores”, lembra Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable de Medio Ambiente, que hoxe mantivo un encontro de coordinación do servizo con Antonia Prieto, técnica municipal de medioambiente, e Bruno Castiñeiras, responsable da empresa concesionaria FCC.
O ‘Quita e Pon’ consiste na colocación diaria de colectores dispoñibles en 16 ubicacións do casco histórico, que coinciden coas ubicacións tradicionais máis cinco novas ubicacións.
Esta colocación realízase de forma diaria a partir das 18:00 horas, estando os colectores disponibles para a súa utilización ata a mañá do día seguinte ás 06:00 horas.
“Este sistema supón un esforzo para o servizo de limpeza e un incremento do coste do mesmo para o concello, polo que solicitamos a máxima colaboración da veciñanza para que as bolsas de lixo se despositen no horario establecido nos colectores dispoñibles ”, engade Bermúdez.
ADXUNTAMOS TÁBOA CON INFORMACIÓN ÚTIL DO SERVIZO
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro