O CONCELLO DE VIVEIRO E O OCIO NOCTURNO MANTEÑEN UNHA REUNIÓN

O CONCELLO DE VIVEIRO E O OCIO NOCTURNO MANTEÑEN UNHA REUNIÓN

O CONCELLO DE VIVEIRO E O OCIO NOCTURNO MANTEÑEN UNHA REUNIÓN “MOI FRUCTÍFERA PARA COLABORAR DE FORMA CONXUNTA NO CUMPRIMENTO DAS NORMATIVAS”

Viveiro, 20 de xaneiro de 2024. O Concello de Viveiro mantivo unha reunión co sector do ocio nocturno para planificar os próximos meses e colaborar de forma conxunta no cumprimento das normativas vixentes.

Na reunión, á que asistiron o 90% dos convocados, o concello informoulles de que nas próximas semanas haberá labores de inspección por parte dos servizos de Urbanismo para comprobar a adaptación dos locais á normativa vixente.

No caso de que sexa necesario adaptar o local a algunha normativa, os encargados do mesmo disporán dun tempo para facelo”, explicaron a alcaldesa, María Loureiro, e a técnica xurídica do departamento de Urbanismo na reunión, a que tamén asistiu a tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez.

A nosa colaboración coa hostalería é unha prioridade, e o sector sabe que a súa actividade debe convivir cos dereitos dos demais”, asegura Loureiro, que entende e apoia tamén "as demandas dos veciños”.

Queremos axudar ao sector, como xa fixemos durante a pandemia do coronavirus, porque o sector servizos é un piar moi importante da economía local”, remata a alcaldesa.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar