O Concello de Viveiro estará presente na III edición de Festur

O CONCELLO DE VIVEIRO ESTARá PRESENTE NA III EDICIóN DE FESTUR

Viveiro contará cun stand propio da Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra do 9 ao 12 de xuño en Silleda, co respaldo da Axencia Turismo de Galicia e coincidindo coa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

A presenza de Viveiro nesta feira servirá para dinamizar o seu atractivo turístico, dando a coñecer estas celebracións e os demais recursos do municipio. Viveiro contará cun stand individual no que ofrecerán folletos promocionais e información sobre o Concello e no que se instalará unha gran pantalla na que se proxectará, de forma continuada, os videos de promoción turística deste municipio e mais da Semana Santa.

Organizarase, así mesmo, unha exposición sobre a Semana Santa de Viveiro, na que se mostrarán varios traxes de diversas confrarías e un estandarte, e unha degustación gratuíta da pescada de Celeiro, que terá lugar o sábado 11 de xuño pola tarde, na que se ofrecerá aos visitantes unhas 400 racións de merluza en salpicón e empanada. Ademais, a merluza do pincho de Celeiro será un dos produtos gastronómicos tratados polo programa “Aquí Galicia” da TVG, que se emitirá en directo dende Silleda, e o concello, con este motivo, presentará outros pratos de merluza máis elaborados.

Para a organización e desenvolvemento destas dúas iniciativas o Concello conta coa inestimable colaboración da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, de Puertos de Celeiro SA e do Restaurante Louzao.

Ao longo destes catro días, o stand de Viveiro contará coa atención constante do persoal da oficina de turismo e de membros da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, ademais da presenza diaria da Concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, quen, á súa vez, estará presente en representación do Concello de Viveiro na inauguración oficial da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que terá lugar o 9 de xuño de 2016, ás 13:00 horas.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar