21
Agosto
O CONCELLO DE VIVEIRO FELICITA A JOSÉ MIGUEL GARCÍA, ‘CHUMI’
O CONCELLO DE VIVEIRO FELICITA A JOSÉ MIGUEL GARCÍA, ‘CHUMI’, POLO SEU TÍTULO DE CAMPIÓN GALEGO MÁSTER
Viveiro, 21 de agosto de 2020. O Concello de Viveiro felicita publicamente ao viveirense Jesús Miguel García, Chumi, polo gran resultado obtido no Campionato Galego de Surf celebrado en Pantín, onde foi proclamado campión galego máster.
Esta victoria é, sen lugar a dúbidas, o resultado do bo facer, traballo e esforzo nun ano especial complexo pola situación na que estamos a vivir como consecuencia da pandemia.
Supón tamén o pase de Chumi García, do Viveiro Surfing Family, ao Campionato de España de 2021, polo que o concello quere aproveitar a ocasión para transmitirlle os nosos mellores desexos e resultados nesta e en vindeiras competicións.
Parabéns!
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro