O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO REMATE DAS OBRAS DE MELLORA EN VARIOS VIAIS DE GRANXAS

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO REMATE DAS OBRAS DE MELLORA EN VARIOS VIAIS DE GRANXAS

"UNHA ACTUACIÓN QUE PERMITIU RENOVAR O PAVIMENTO E OS SERVIZOS DA ZONA", EXPLICA A ALCALDESA, MARÍA LOUREIRO

Viveiro, 6 de xuño de 2024. O Concello de Viveiro informa do remate das obras de mellora en varios viais de Granxas, en Covas.

Trátase de catro viais moi concorridos dada a súa proximidade á praia de Covas e á existencia na zona de edificios de vivendas e establecementos comerciais.

“A actuación, cun investimento de 164.392,96 euros, incluíu labores de mellora da pavimentación na zona destinada ao tráfico rodado, así como a reposición dos servizos urbanos de rede de saneamento, implementación da rede separativa de pluviais e dotación dunha nova rede de abastecemento de auga”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Era unha obra incluída no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2023 da Deputación de Lugo.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar