O CONCELLO DE VIVEIRO ORGANIZA UN TALLER DE 1º AUXILIOS

O CONCELLO DE VIVEIRO ORGANIZA UN TALLER DE 1º AUXILIOS

A Alcaldesa, a Concelleira de Muller, o responsable do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil e o persoal do CIM encargáronse de presentar o taller que terá lugar os días 11 e 12 de xuño na sala multiusos da casa do concello,

Con este taller preténdese ofrecer aos veciños interesados nocións básicas sobre primeiros auxilios no ámbito doméstico. O curso constará de dúas partes, o día 11 impartirase a parte máis teórica e o día 12 realizarase a parte práctica, entre as que incluirá a maniobra RCP básica. O curso é gratuíto e está orientado a público en xeral, debendo ser maior de idade. As persoas interesadas deberán apuntarse previamente nos teléfonos do CIM (982562149 ou 649990737) e o número de prazas é limitado. O horario deste taller, que será impartido por Manuel Expósito López, responsable do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, será de 16:00 a 20:00 horas.

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar