O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA LABORES DE MANTEMENTO E CONSERVACION EN VARIOS RÍOS

O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA LABORES DE MANTEMENTO E CONSERVACION EN VARIOS RÍOS

O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA LABORES DE MANTEMENTO E CONSERVACION EN VARIOS RÍOS DO MUNICIPIO, UNHA VEZ OBTIDAS AS AUTORIZACIÓNS DE AUGAS DE GALICIA

Viveiro, 4 de febreiro de 2022. O Concello de Viveiro realiza desde hai semanas labores de mantemento e conservación fluvial en diversos ríos do municipio.

 

Dende finais do pasado mes de decembro, procedeuse á realización destas tarefas nos cauces dos río Fontecova (Xunqueira); no Rego das Trasposta; no rego que discorre en paralelo á rúa Pallete, en Landrove; Rego de Loiba, en Covas, e Rego das Nogueiras.

 

Estes traballos realízanse coas autorizacións pertinentes, en tramos de competencia municipal, co obxectivo de facilitar que os ríos discorran con normalidade pola súa cauces, evitando atascos ou posibles desbordamentos.

 

O Concello de Viveiro realiza estas labores de mantemento e acondicionamento de cauces, en tramos urbanos, de forma periódica, unha vez que se dispón das autorizacións correspondentes por parte de Augas de Galicia. Esta tramitación require de tempo, non podendo realizase estes traballos de conservación, aínda que se trata de tramos de competencia municipal, ata que non chegan os permisos.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar