O Concello de Viveiro reclama á Deputación altura de miras institucional

O CONCELLO DE VIVEIRO RECLAMA á DEPUTACIóN ALTURA DE MIRAS INSTITUCIONAL

TRANSCORRIDO UN MES E MEDIO DA MOCIÓN DE CENSURA NA QUE SE PRODUCIU O RELEVO NO GOBERNO MUNICIPAL, PÍDELLE Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL ALTURA DE MIRAS INSTITUCIONAL

  • A alcaldesa Mariña Gueimunde amósase preocupada «pola nula inversión nas estradas provinciais do terceiro concello máis importante de Lugo» e «porque non hai novas do millón de euros que o presidente da Deputación prometeu a todos os viveirenses uns días antes da moción de censura»
  • «Esperamos que María Loureiro demostre agora que é asesora de José Tomé a súa capacidade de atraer inversións para Viveiro», afirma

Viveiro, 28 de abril de 2025. O Concello de Viveiro, transcorrido un mes e medio da moción de censura na que se produciu o relevo no Goberno municipal, pídelle á Deputación Provincial altura de miras institucional. A alcaldesa Mariña Gueimunde manifesta que «pasan as semanas e estamos preocupados pola nula inversión nas estradas provinciais do noso concello, o terceiro máis importante de Lugo». Unha circunstancia que ven acompañada, segundo explica a rexedora, «porque tampouco temos novas do millón de euros que José Tomé, presidente da Deputación, prometeu a todos os viveirenses uns días antes da moción de censura».

A alcaldesa de Viveiro lembra que «María Loureiro, a anterior alcaldesa, é agora asesora adscrita á Presidencia na Deputación. Estamos desexando que demostre a súa capacidade para atraer inversións ao noso Concello. Aínda que, polo de agora, estamos vendo que a súa influencia non é o suficientemente importante para que, cando menos, se anuncien melloras nas estradas provinciais de Viveiro. Moitas desas vías atópanse nun estado deplorable».

Acerca das inversións pendentes, Mariña Gueimunde espera que «o anuncio que José Tomé fixo a mediados de febreiro dun millón de euros por parte da Deputación no noso Concello non fose simplemente unha ferramenta partidista a través dunha administración pública para tentar influír nas negociacións que se estaban levando a cabo de cara á moción de censura do 7 de marzo».

A rexedora recoñece que «nese millón de euros que se prometeu aos nosos veciños non irá a partida das estradas, pero, aínda así, seguimos esperando por eles, porque o presidente da Deputación non aclarou a que catro proxectos facía referencia dentro desa cantidade, pero si que os describiu como actuacións suficientemente importantes».

 

Imagen de freepik
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar