O CONCELLO DE VIVEIRO REPARTE 3.000 MASCARILLAS NO COMERCIO LOCAL

O CONCELLO DE VIVEIRO REPARTE 3.000 MASCARILLAS NO COMERCIO LOCAL

O CONCELLO DE VIVEIRO REPARTE 3.000 MASCARILLAS NO COMERCIO LOCAL PARA FACILITAR AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN NA REAPERTURA DOS ESTABLECEMENTOS

Viveiro, 5 de maio de 2020. O Concello de Viveiro reparte 3.000 mascarillas entre o comercio local para facilitar as medidas de prevención durante a primeira fase de reapertura dos establecementos.

 

Sabendo da necesidade que hai de mascarillas, o Concello de Viveiro adquiriu un cantidade importante de unidades e atópase neste momento á espera de recibir o pedido co material solicitado.

 

Así mesmo, recibiu mascarillas que son enviadas dende as distintas administracións e que son destinadas, primeiramente, a cubrir as necesidades propias dos traballadores municipais, debendo ter en conta, neste sentido, que acaba de incorporarse unha parte importante do persoal.

 

“Con todo, entendemos que os establecementos están comezando a retomar a súa actividade e dende o concello queremos facer a nosa achega”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

 

Entregáronse ás dúas asociacións de comerciantes do municipio unha cantidade de mascarillas acorde co seu número de asociados: un total de 1.000 mascarillas para a Asociación Centro Comercial Casco Histórico e 500 unidades para a Asociación Beiras de Viveiro.

 

Ademais, destinarase a mesma cantidade de mascarillas, outras 1.500 unidades, para repartir entre os establecementos comerciais e de hostalería que non pertenzan a ningunha destas dúas asociacións.

 

Esta sería unha primeira entrega, nesta fase inicial, sendo a intención do concello seguir colaborando neste sentido, sempre que sexa posible, polo que posteriormente se poderá valorar se é viable realizar unha segunda entrega.

 

Todas aquelas empresas de hostalería ou de comercio que non pertenzan a ningunha destas asociacións e que necesiten mascarillas, poden solicitalas directamente ao concello enviando un correo electrónico ao enderezo concello@viveiro.es. No correo electrónico enviado debe facerse constar o nome da empresa e representante, de ser o caso, o enderezo do establecemento e teléfono de contacto; no asunto do correo debe indicarse ‘Solicitude Mascarillas’.

 

Entregaranse oito mascarillas por empresa e as solicitudes poden enviarse ata o vindeiro mércores, 13 de maio de 2020 (incluído). Finalizado o prazo referido, o material será entregado por persoal de Protección Civil no enderezo indicado na solicitude.

 

Coa entrega de mascarillas, tanto de forma directa como a través das asociacións, o concello de Viveiro pretende achegar o seu grao de area para colaborar con estes colectivos nestes momentos nos que se se comeza a retomar a actividade.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de ViveiroViveiro, 5 de maio de 2020.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar