O CONCELLO PON A DISPOSICIÓN DOS INTERESADOS AUTOBUSES PARA VIAXAR A LLANES CON MOTIVO DO DÍA DE VILLAS MARINERAS

O CONCELLO PON A DISPOSICIÓN DOS INTERESADOS AUTOBUSES PARA VIAXAR A LLANES CON MOTIVO DO DÍA DE VILLAS MARINERAS

A Asociación Villas Marineras, á que pertence o Concello de Viveiro, organiza un encontro –Día de Villas Marineras- que terá lugar en Llanes (Asturias) o próximo 14 de maio

 O “Día de Villas Marineras” ten como principal obxectivo difundir os atractivos turísticos, gastronómicos, paisaxísticos e culturais que brindan nove dos destinos máis destacados do norte de España. A celebración tamén persegue reforzar os lazos de amizade entre las vilas asociadas. Isto implicará o desprazamento ata a localidade asturiana de autocares procedentes do resto de municipios nunha xornada de convivencia na que haberá un amplo programa de actividades.


As localidades participantes serán, por parte de Galicia, Baiona, Sanxenxo, Ortigueira e Viveiro; por Asturias, Ribadesella e a anfitriona Llanes; e por Cantabria, San Vicente de la Barquera, Santoña e Laredo.

As Villas Marineras pretenden facer visible o notable potencial dunha marca e produto turístico que leva máis de unha década espertando o interese do público, tanto de costa como de interior.

Os interesados en participar no primero Día de Villas Marineras poden anotarse na oficina de Turismo; o concello porá a disposición dos interesados en asistir a este evento un autobús gratuíto para realizar a viaxe, con ida e volta no mesmo día.

 Tamén existe a posibilidade de facer a viaxe de forma particular e pernoctar nos establecementos hostaleiros da localidade (na oficina de turismo pode obterse información sobre as posibilidades de aloxamento en Llanes).

 A comida e o aloxamento correrán a cargo dos participantes.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar