O DEPORTE NON TEN XÉNERO

O DEPORTE NON TEN XÉNERO

O CONCELLO DE VIVEIRO REIVINDICA ÁS MULLERES SURFISTAS NA PRIMEIRA XORNADA DO PROXECTO “O DEPORTE NON TEN XÉNERO”

Viveiro, 23 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro comezou onte coa primeira cita do proxecto “O deporte non ten xénero”, unha iniciativa impulsada pola concellería de Muller en colaboración co Centro de Información á Muller. A proposta busca achegar ás mulleres a distintos deportes mediante charlas e clases deportivas gratuítas.
 
Esta primeira cita do programa centrouse no surf, de modo que na tarde de onte, a sala multiusos do Concello de Viveiro recibiu ás deportistas Claudia Prieto e Lucía Martínez. Ambas compartiron a súa exitosa experiencia neste deporte co público asistente. 
 
Dende o Concello de Viveiro celébrase a alta asistencia ao encontro, que permitiu dar visibilidade a estas dúas rapazas cuxos éxitos reivindican o deporte feminino e o talento viveirense. 
 
Como continuación da actividade, hoxe, 23 de xuño, 25 mulleres gozarán dunha clase de surf gratuíta. A sesión busca achegar este deporte ao público feminino. 
 
“Con este tipo de iniciativas damos visibilidade ás mulleres deportistas, acurtando o camiño que nos queda por percorrer en materia de igualdade en eidos como o deporte, a cultura ou o mundo laboral”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Muller e Cultura. 
 
Saúdos, 
Comunicación Concello de Viveiro
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar