27
Xuño
O DEPORTE NON TEN XÉNERO
A INICIATIVA "O DEPORTE NON TEN XÉNERO" PECHOU O SEU PRIMEIRO ENCONTRO CUNHA CLASE GRATUÍTA DE SURF PARA MULLERES
Viveiro, 23 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro pechou a primeira cita do programa “O deporte non ten xénero” cunha clase gratuíta de surf. Esta iniciativa, impulsada pola concellería de Muller en colaboración co Centro de Información á Muller, ofreceu na primeira sesión unha charla sobre este deporte, completada con esta lección práctica de surf.
A clase de surf, celebra na praia de A Abrela (O Vicedo), permitiu a este grupo de mulleres achegarse a este deporte. O encontro tivo ademais un marcado carácter interxeracional, con mulleres de todas as idades.
Esta sesión de surf dá continuidade á charla celebrada esta semana na sala multiusos do Concello de Viveiro. Na sesión, as deportistas Claudia Prieto e Lucía Martínez, de Viveiro Surf Escola, compartiron co público a súa exitosa traxectoria neste deporte.
“Con este tipo de actos buscamos reivindicar a figura da muller no deporte, dándolle así visibilidade ás deportistas. Nos próximos meses continuaramos ofrecendo charlas e clases sobre outros deportes, co foco na participación feminina”, explica a concelleira de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega.
Dende o Concello de Viveiro agradécese ás mulleres que participaron nesta primeira sesión da iniciativa “O deporte non ten xénero”, así como ás surfistas Claudia e Lucía e a Viveiro Surf Escola, pola súa implicación na actividade.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro